Thursday 09 de May de 2024

O domingo celébrase a Gala do Deporte de Oleiros no auditorio Gabriel García Márquez


Un total de 58 persoas que practican 19 disciplinas diferentes serán obxecto o vindeiro domingo 2 de abril dunha homenaxe da cidadanía de Oleiros ao mundo do deporte local na Gala do Deporte do Concello de Oleiros. Será entregando un agasallo simbólico a quen destacou durante os últimos tres anos, logrando podios nos ámbitos nacionais e internacionais durante os anos 2020, 2021 e 2022.

A Gala, que terá a partir das 7 da tarde no auditorio Gabriel García Márquez, será un acto público de acceso libre presentado polo xornalista Alfonso Hermida e amenizado en directo pola Big Band de Oleiros. As e os deportistas irán subindo ao escenario para recibir a súa homenaxe e o agasallo, unha escultura realizada especificamente por Susana González Amado.

As disciplinas que lograron situarse en posición de podio estes anos foron atletismo, esgrima, surf e paddle surf, balonmán, rugbi, ciclismo adaptado, tríatlon, natación adaptada, judo, taekwondo, ximnasia rítmica e artística, ximnasia rítmica e estética, salvamento e socorrismo, piragüismo, remo olímpico, vela, hóckey a patíns, patinaxe de velocidade, patinaxe artístico e monopatín.

Esta gala é o resultado tanto do esforzo individual ou de equipo como da política de constante apoio ao deporte co que o municipio está comprometido desde hai anos. A importante e completa infraestrutura municipal así como os espazos públicos naturais habilitados para a convivencia, a cultura, o ocio e o esparcemento axudan a que as persoas que practican deporte dispoñan de máis facilidades para adestrar e obter os trunfos que conseguiron.